IV Congreso Sostenibilidad Social y Económica del Sector Pesquero

Un ano mais, e xa imos pola terceira edición, resúltanos un pracer presentar o IV Congreso de SOSTIBILIDADE SOCIAL E ECONÓMICA DO SECTOR PESQUEIRO que mantén os obxectivos que impulsaron a súa creación: achegar aquelas cuestións de interese para o sector, propiciar o debate ao redor das temáticas que preocupan e ocupan ao sector pesqueiro coruñés e galego e poñer en valor a nosa realidade, as nosas problemáticas e os retos e solucións que temos por diante.

Tamén este ano é a nosa intención trasladar o debate á sociedade e manter o nivel profesional, científico e institucional que tivemos nas pasadas edicións.

Deste xeito, e fieis ao espírito da Fundación, queremos poñer o acento na parte económica e social existente ao redor da pesca galega e tratando de escoitar as opinións das persoas máis representativas tanto da administración como do sector.

Esperamos pois que sexa de agrado de todos e que sirva para consolidar o noso sector como motor de riqueza e emprego.

Más Información